lunes, 5 de julio de 2010

Love at first sight... (unha entrada só teórica, bffffff!!)

Creo no amor a primeira vista como unha impresión repentina e involuntaria. Creo nesta sensación coma un impacto moi agradable, coma unha labazada de estética en calquera das suas versións. A imaxe que mellor o representa é unha burbulla de aire quente,que pode ou ben crecer dentro de ti -eu son desta opción- ou envolverte.

Levo xa vividas -para a miña fortuna- moitas destas experiencias e espero seguilas acumulando, para isto é imprescindible estar receptiva, aberta e incluso vulnerable. O reencontro co obxeto do amor causa emoción e a ensoñación ou a lembranza del tamén. É dicir, calquera forma de establecer contacto co noso obxeto do amor nos motiva, nos fai felices. Procuremos logo manter este tipo de contacto.

O entusiasmo, a enerxía vital, aparece acompañando ó amor libre, o que nos vincula sen atarnos, o que nos permite ser aínda máis quen xa somos. Este tipo de amor -para min que o outro non debera chamarse así- só pode ser xeneroso, nunca quitarnos nada, só pode ser fonte e non samesuga.

Poder disfrutar do amor a primeira vista é coma unha virtude non ensaiada, unha habilidade non escollida. É coma se puidese tocarche a lotería en calquera momento, ser rica inda que sexas pobre. É ver.

Estes "flechazos" poden ter diferentes orixes, na miña selección figuran como os máis decisivos as amizades e a execución e observación de prácticas artísticas. De aí en diante enlazádeos como queirades.

Pode parecer que este tema non ten relación co blog, pero tena toda. É a causa da escolla de algunhas pezas -outras é por curiosidade, xustiza,...

Pero definitivamente a orixe de I never drink wine foi un flechazo co horror, que vai camiño xa das vodas de prata...non é irónico? prata!