sábado, 29 de enero de 2011

"Palabras que modifican nuestro metabolismo" El terror en la literatura, H.P. Lovecraft.

Estou lendo a Lovecraft, o seu ensaio sobre a literatura de terror. Algo pasa con el que se fai insoportable, que hai que parar de ler nalgúns momentos -polo menos eu. Que non coñezo aínda, en ningún idioma dos que sei, palabras coas que describir a miña impresión. Pero podo dicir que é grata -un adxetivo un tanto anodino, oco, inxusto. E explícome, digo grata por situarme a certa distancia, por dar algún paso atrás e intentar non desligarme aínda máis dun momento e lugar que non me pertencen, nos que habito. E agora creo que non me expliquei en absoluto. 
Introduzo: Howard Phillips Lovecraft nace no 1890, Virginia Woolf no 1882. E podo ler a sua obra.  Aínda non consigo deixar de sorprenderme co fenómeno da contemplación, do acceso a obras doutras épocas. Con trabas, deterioro, manipulación,... o que se queira, pero a realidade é que hoxe podemos ler os Sonetos de Michelangelo Buonarroti ou a poesía de Safo. 
Parece que me disperso pero non. 
Esta obra foi publicado en 1927, e nela faise unha moi sabia análise do que é o terror e de como e quen o tratou. Se alguén coa paixón e a visión de Lovecraft non fai este tipo de ensaio eu non podo lelo. Non tería ese feixe de notas sobre libros e autores que quero mirar, de tantos que non coñecía  antes e que podería non chegar a descubrir nunca. Cada vez que un clásico se nos aproxima cambiamos. E somos diferentes ó rematar de lelo. E, coma as mutacións dun licántropo ou dun mad doctor que se automedica, son serias e dolorosas -e inclúen o placer que acompaña ó cambio- por iso hai que facelas a modo, por iso cómpre facer paradas na lectura. 







 Tedes esta (pinchar aquí) edición xenial de Valdemar con moito material adicional e comentada por Juan Antonio Molina Foix e tamén esta de Backlist (aquí).













Cadrou que estou lendo a segunda, e podo dicir que ten un prólogo de Javier Aparicio Maydeu totalmente excepcional e recomendable:


"Palabras que nos emocionan. Palabras que nos alteran. 
Palabras que modifican nuestro metabolismo (...)"