jueves, 23 de abril de 2009

Drácula 73



Esta é unha das miñas pelis favoritas, aquí coñécese como Drácula 73 e o título orixinal é Dracula A.D. 72. Peli moi hippie, moi londinense, sicodélica e, sobre todo, moi moi Hammer. Cores moi vivas, sangue abundante, Drácula maligno y sensual -aínda que algo viejuno-, conflitos de legado (Cushing e saga Dracula), inicio de flashback época con -como non- campo e persecución en carruaxe. É que me fascina esta peli! non sei cantas veces a vin. Ademáis o actor que fai de Johnny Alucard paréceseme moitísimo a Nick Knight da serie El señor de las tinieblas ou Forever Knight (en inglés) mirade as fotos para comprobalo.Na escea da festa finolis na que se cola o grupito da peli aparece tocando a banda Stoneground, que está xenial, déixovos o video.
Como estou un pouco vaga vouvos deixar a ficha técnica por cortesía de Filmaffinity (http://www.filmaffinity.com/es/film260739.html)
TITULO ORIXINAL: Dracula A.D. 1972
ANO: 1972
100 min.
Direción: Alan Gibson
Guión: Don Houghton
Música: Mike Vickers
Fotografía: Dick Bush
Reparto: Christopher Lee, Peter Cushing, Stephanie Beacham, Christopher Neame, Michael Coles, William Ellis, Marsha Hunt, Janet Key, Philip Miller, Michael Kitchen, David Andrews, Caroline Munro, Lally Bowers.
E algunhas foticos máis para que vos entren ganas de vela xa (por certo que a teñen no videoclub Europa pero eu alugueina e colgóuseme así que a ver se a merco na fnac).
Os carteis promocionais de cada país son unha auténtica delicia, van algúns.

sábado, 11 de abril de 2009

novo enlace terrorífico

Nesta páxina http://www.cinefilicos.com/ atoparedes abundantes pelis de terror para ver online e ademáis buscan colaboradores, para quen lle interese. Espero que vos guste, eu polo de agora xa lle botei o ollo a unha rareza moi prometedora de Lucio Fulci.


Gracias Valcárcel pola recomendación!

jueves, 2 de abril de 2009

2ª fornada de vilariño e ATENCIÓN: 1º concurso "never drink"


non puiden resistirme e teño que colgalas, son tan .... (a ver quen me di unha soa palabra e que resuma o que son estas fotos, tedes un pequeno -pero bonito e siniestro- premio de regalo para a palabra que máis me guste)

e buscando as imaxes tamén atopei esta dun esquelete (honremos a Castelao sobre todas las cosas, non por escribir Sempre en Galiza senón por Un ollo de vidro, memorias dun esquelete. onde vai parar!)

José Luis Tirado: "Bytes en tiempos de oscuridad"
e tachán tachán!!... UN OLLO DE VIDRO (POR UN MACABRO GALEGO E DE CALIDADE)