Mostrando entradas con la etiqueta vampiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vampiros. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de noviembre de 2010

O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY



Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co "Jr." despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, é o maior xenio da interpretación do horror de tódolos tempos. Non, en serio, ocórresevos alguén millor? adiante, suxerencias, por favor. 


Toda a maquillaxe, calquera tipo de truco ou engano con tendencia ó deforme e o grotesco, o labor de Jack Pierce na Universal,... podemos afirmar que están en débeda con Lon Chaney. El non foi só o primeiro, senón o mellor. Lon Chaney é Durero. 


Cando o poño tanto polas nubes non me refiro a que tivera un gran dominio do xesto e a mirada, non acabo de saber explicarllo a alguén que nunca o vira, a ver... Lon facíao TODO, a recreación -ou case que creación- dos personaxes era obra súa. Maquillaxe, arames, postizos, cirurxías e un dominio inaudito da expresión facial e o movemento corporal -o ser fillo de pais xordos influiu moito na súa capacidade expresiva. 


Amigos e compañeiros, Tod Browning e Lon Chaney son exemplos clave da unión entre a vida e a obra, ata as últimas consecuencias. Os dous outsiders, pobres desgraciados e cun talento insoportable.
Non moita xente sabe que o primeiro filme sonoro de terror -o Drácula de Browning- ía ser protagonizado por Lon, pero morreu ós 47 anos e o papel deu voltas ata que quedou con el ese búlgaro de tan bo ver -Lugosi.


Neste mundo cruel, para aumento da melancolía, sempre nos queda algunha xoia imposible de recuperar, o paraíso que perdimos con Lon Chaney é esta peli de vampiros. 


Falan dela neste enlace, por quen queira saber máis sobre o tema.

Igual non mostrei entusiasmo suficiente para dar conta do meu afecto real por Lon, é que estou acatarrada, suponse. Pero o certo é que tamén podería ser gripe española, e non querría irme sen deixarvos constancia do meu profundo amor devoto por Lon Chaney. 



Déixovos este video  para que o miredes, está moi ben feito, mostra anacos dos seus papeis. Facédeme o favor de miralo.



Imaxes tiradas de: thewhiteduke.blogspot.com, rubberroom101.com (esta páxina está moi interesante se vos interesa a maquillaxe no cine), moviefanfare.com, elglamourdemargo.blogspot.com, longforgottenhauntedmansion.blogspot.com, cinefania.com.

jueves, 28 de octubre de 2010

grandes... ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi



Haberá quen diga "Bela de primeiro?" e eu digo "pois si". Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple "eu xa ceei". Pero non, el faino millor ca iso, el establece pautas. El leva unha capa que identificamos nun acto reflexo, sen pensar en que é só attrezzo, e el só un actor. Faino tan natural coma os impulsos máis básicos, a fame, a sede e o escapar da luz.

Respiramos a Drácula gracias a Lugosi. Bela fíxose o vampiro, a persoa, o actor e o vampiro outra vez, pero todo tan xunto e irremediable que era unha vela nunha mansión de sillares inmensos e escaleiras lúgubres que se desprazaban case trepando pola parede. E coa cera mesturábase sangue ó son da música harmoniosa dos fillos da noite.

Bela fíxose un icono do xénero, gracias en gran parte ó aceno e ó acento. Son algo moi difícil de transmitir os valores tan abstractos que crean a atmosfera do horror. Se Browning era o Poe do audiovisual, ben soubo sacarlle partido ó inmigrante cargado de sex-appeal que non sabía inglés. 


Posiblemente o maior defecto de que o acusan é de ser excesivo no xesto, de ser demasiado teatral no cine; pois será para gustos, a min Bela resúltame perfecto. O príncipe da escuridade, seductor e repulsivo, capaz de hipnotizar, con costumes exóticas, antigas e de orixe nobiliaria. Pero dicíanlle esaxerado. Non estou dacordo, non creo que poidamos entender millor ca el como debía moverse un ser que podía transformarse en millóns de ratas de ollos vermellos. 



Se vos interesa podedes ler unha biografía moi curiosa sobre el, se a atopades -gracias, Álvaro, pola accesibilidade documental. Está escrita por Edgar Lander e publicada en Anagrama. Ten un ton amable, sen caer en cursiladas, e achéganos a iso no que se convertiu a sua vida, ese híbrido que sería tán fácil coma mentira etiquetar.

Se alguén aínda non se namorou del eu podo suxerir o remedio, velaquí a súa filmografía, aínda que o prudente sería comezar por Drácula. E se sodes insensibles eu xa non teño solución.


Para goce visual unhas imaxes míticas... Que só poño imaxes de Drácula? ui! nin me dera conta...









Fotos tiradas de paperblog.com, vadeultra.blogspot.com, aullidos.com, magiafantasma.blogspot.com, kekai.blogspot.com, micine-halbert.blogspot.com, tiempoderuinas.wordpress.com.

martes, 28 de septiembre de 2010

and my heart goes to... Being Human

 
Como superar un ataque no que “sobreviviches” pero outro morreu e que te deixou cunha pegada que te persegue e está en ti todo o tempo?

Como superar ter unha existencia feliz e morrer dun estúpido accidente doméstico caendo polas escaleiras?

Como superar unha historia tan longa que dá para ter feito moito mal, ter reflexionado e ter tomado novas decisións?

Son situacións moi complicadas para que ademáis se lles sume o difícil reto de intentar ser normais, convivir, ser humanos na medida do posible. Pero pode terse toda a vontade do mundo que será insuficiente ante as persecucións e prexuízos duns e doutros.

Ante un panorama tan pesimista, esta serie cun ton tráxico móstranos uns personaxes moi complexos e, aínda que torturados e con moi mal prognóstico, fan o imposible para saír adiante xuntos e con moito sentido do humor. Unha historia ambientada nun mundo de monstros con enfoques moi realistas sobre como tería que desenvolverse alguén nesa situación.

George, Annie e Mitchell son os principais protagonistas, van sumándose outros despois. Xa vos adianto que no capítulo piloto non saen os mesmos intérpretes, eu case que vos deixo que o saltedes e vaiades ó capítulo 1. A serie non ten desperdicio en versión orixinal, as súas voces son moi características e se sabedes algo de inglés veredes que se lles entende moi ben.

Con esta serie tiven -e teño- un auténtico flechazo, así que espero que a disfrutedes. A historia da amizade e convivencia entre un lobisome, unha pantasma e un vampiro. Being human.


 

domingo, 26 de septiembre de 2010

Cazadores, monstros, clásicos... mix it all!!

Seguindo coa cuestión dos clásicos e monstros, desta vou prestarlles atención ós vampiros. Debía estar especialmente emocionada pero non, porque aínda non lin ningún dos libros que vos vou mostrar pero hai algún ó que xa se lle ve a pinta perralleira, que realmente non me parece que poida estar á altura dos customizados con zombis, por iso me dá algo de baixón. Outra vez os vampiros de capa caída (jeje, chiste triste, xa me din conta). Al ajo... (jejeje, fíxeno outra vez)



Empezamos forte, Little Vampire Women, de Lynn Messina con Louisa May Alcott. Teñen un punto, non? 

Coma sempre, haberá que esperar a que se traia e traduza -eu aviso cando me entere, editorial e o que faga falta, para servir estamos- salvo indicación TODO o que poño está escrito en inglés e sen tradución.


Pois vese que as mulleriñas causan sensación e teñen outra reescrita ademais desta, pero non é de vampiros senón de lobisomes, que se ve que daquela non debía haber tanta moda da depilación masculina.
 
Están reescritas con Porter Grand e chámanse Little Women and Werewolves.  E invítovos a que visitedes este blog moi interesante, sobre todo a comparación que fai entre lobisomes e homosexuais. Fala da forma na que se ocultan na sociedade disimulando os seus enfermizos apetitos pola carne, tanto os lobishomes coma o colectivo LGBT. O dito, pinchade aquí.





Romeo & Juliet & Vampires, escrito por Shakespeare con Claudia Gabel. Otra historia de amorrrrr (agh!), serei prexuizosa pero xa me está dando que isto non ten moito que ver con Lazarillo Z, por poñer un exemplo... Que mira que ten tirón o tema vampiro, pero vagas por páxinas e páxinas, e o tipo de producto e de público que atopas é taaaaaan diferente. Somos irreconciliables, C'est la Vie!

De todos modos, se me cae nas mans, ou se o teño que coller incluso dunha estantería alta, botareille un ollo e lle darei a oportunidade da proba dos cinco minutos. 
 
E un inciso pequeniño, xa sei que non é de terror nin nada parecido, pero dentro de nada estrean unha nova versión do R-J de Shakespeare, en forma de animación moi gamberra, Gnomeo and Juliet. Podédeslle botar un ollo ó trailer aquí, ten certa gracia.

Seguindo co autor das paixóns humanas temos Shakespeare Undead, coa autoría de Lori Handeland, que nos conta as súas aventuras e peripecias de dramaturgo nigromante namorado. Será pola ilustración pero a min este prométeme.



 


A voltas con Jane Austen, outra vez, porque se se fala da vida do William como deixala a ela de lado? Neste libriño plantéxasenos o what if...? se a autora seguise viva e fose vampira, mmmm,...interesante... Chámase Jane Bites Back e o escribe Michael Thomas Ford.














Con Emma, da Austen, pasa coma cas Little Women, téñolle -a día de hoxe- fichadas duas versión: lobis e vampiros, que son Emma and the werewolves coescrito con Adam Rann e Emma and the vampires, con Wayne Josephson. 


 



De Emma and the vampires poño duas edicións que atopei, preciosa a amarela...

E podedes ler o primeiro capítulo en inglés here





 
 Xa falamos antes de Orgullo y Prejuicio y Zombies, en Umbriel, pois tamén temos outros monstruíños, para máis concretar, acuáticos.

Sentido y sensibilidad y monstruos marinos. por Jane -as estas alturas xa é inevitable a familiaridade- e Ben H. Winters, publicada por Umbriel, no mesmo tipo de edición ca a anterior. tamén ilustrada. Está dispoñible unha demo en .pdf para que miredes os dibus e vos animedes a mercalo aquí e hai tamén un trailer do libro, xa dan unhas ganas de pillalo... eu téñoo aí esperando, cando o lea xa vos comentarei.
 


Vai outra, Mansfield Park and Mummies, de Austen xunto con Vera Nazarian. 


Do total de seis novelas que existen da Austen, vin reversionadas catro, xusto as duas que faltan son póstuma -na teoría, sempre que consideremos que Jane está realmente finada- que son A abadía de Northanger e Persuasión, as duas publicadas no 1818. Pero isto non significa nin por asomo que aquí remate o asunto, temos os spin offs, ou que pensabades? imos con eles





 Mr. Darcy, Vampire, escrito por Amanda Grange. Continuación da historia cun tono escuro e que tedes dispoñible con estas duas portadas. Tráiler aquí.








Doutra banda temos a Regina Jeffers que, como podedes ver aquí, colleulle gusto a isto de darlle voltas unha e outra vez á mesma historia, Orgullo e Prexuízo. Que si agora a imos ver desde o punto de vista de Darcy, que se cando casan hai un misterio na casa e agora case que imos facer que Darcy sexa un vampiro, a ver que tal. E sae isto, Vampire Darcy's Desire.
Vale, igual vos pensades que isto é o mesmo lixo ca os outros pero eu... non mo regaledes, vale?


A partir de aquí unha cortina metálica ruidosa ggrrrhhhhhhhiiiiiiiiiiiiii!!!!!


Sen despegarnos de todo da Austen, sigamos. 

Para falarvos dunha peli que vai rodarse o millor que podo facer é citarvos algo que lin en zonanegativa.com:

"INTERIOR DÍA. Lujosa habitación de mansión londinense. Elton John se despierta por la mañana. 
Acto seguido, y cuando su fiel mayordomo iba a sugerirle una obra de caridad, él mismo se respondió.
 -¡Ya sé! ¡Haré una película sobre Predator, pero ambientada en la novela Orgullo y Prejuicio de Jane Austen. ¿No es una idea excelente? -dijo satisfecho de su propio genio."
 

Pois si, Pride and Predator, incluíndo monstros chulis coma o mitiquísimo Depredador (John McTiernan, 1987) que  coñecimos con Schwartzenegger e que anos máis tarde volveu con Alien Vs Predator (Paul W. S. Anderson, 2004, autor á súa vez da saga Resident Evil, que están botando agora a 4ª nos cines en 3D, moi recomendable pero que xa falarei dela outro día que se alonga moooito este paréntese). Por certo que as fotos son  especulación, o único que parece seguro é que a dirixirá William Felix Clark. 






Non me confundades a peli co libro escrito por Sally Wright, que, a pesar de ser homónimo, non lle serve de inspiración. Neste  o protagonista sospeita de que alguén matou a un fulano poñéndolle abellas no capacho do picnic coñecendo a súa alerxia. Vamos, que nada que ver. 








 
 



De biografías de políticos tamén se están a facer cousiñas, a ver se vai ser que os de agora están a  loitar con monstros e nos falando de folga xeral, ainssss. O coautor de Orgullo y prejuicio y zombies, Seth Grahame-Smith tráenos un libro Abraham Lincoln, vampire hunter. Pois si, a min tamén me gusta. E estase pensando xa na peli. Algo mirei de que ían empezar a rodar este inverno, dirixe Timur Bekmambetov. 


 



 
Outra individua con certas dotes de mando, a Raíña Victoria.
"She loved her country. She hated Demons"
Así nos introducen Queen Victoria: Demon Hunter. Escrito por A. E. Moorat. 





tal para cual...
                         ...marajota e media


xa que estamos ca monarquía a voltas, cazaría a Raíña Victoria a Enrique VIII se tivese ocasión? 

Henry VIII: Wolfman, de A. E. Moorat.









Tudores por aquí y por allá,... Nun intento de darlle unha merecida vinganza a Ana Bolena, Cinsearae Santiago escribe un libro no que dá un xiro á historia transformándoa en vampira, chámase "BOLEYN-Tudor Vampire". Nalgunha entrevista que lle lin á autora ela móstrase bastante allea á cuestión dos clásicos e monstros, así que tomémolo como iso. Se queredes visitar algo do que fai esta é a súa páxina oficial.

 
 




 





Máis cazadores:  Jane Slayre: Vampire Hunter, gracias á colaboración de Charlotte Brontë con Sherri Browning Erwin temos a historia desta pobre orfa acollida pola súa tía con tres fillos, que son vampiros, e que vai a unha escola de zombis e... non spoileo máis.


Aguantade un pouquiño que xa estamos acabando.


Outro título brontëliano e con vampiros -desta volta da irmá Emily- é Wuthering Bites, escrito por Sarah Gray.

Que dicir? esto... que se parece no deseño da portada demasiado a toda esta porcallada tocha de crepusculadas e demáis. Este tampouco mo enviedes para expresarme o voso amor incondicional, dacordo?







E xa para rematar, esta peli besta, que mola moito, bizarrada de culto de alá o 2001, dirixida por Lee Gordon Demarbre, de Odessa Filmworks, 
Jesus Christ Vampire Hunter.

aquí vos deixo esta dulzaina para que disfrutedes








Imaxes tiradas de: gacetadelocio.blogspot.com, librarianslifeinbooks.blogspot.com, mundiemoms.blogspot.com, qwillery.blogspot.com, fremontlibraries.wordpress.com, buyzombie.com, edicionesuranomexico.com, elcuriosocaseron.blogspot.com, literallybooked.blogspot.com, fantasticfiction.co.uk, themaidenscourt.blogspot.com,wikipedia.org.

viernes, 17 de septiembre de 2010

milagre! milagre!

Os milagres existen, e tanto que si. Chegan cando parece que todo vai mal, que xa nin os esperabas, que só podías recorrer á nostalxia da súa ausencia. Aparecen, relampagueando e apagando luces, soplando velas e batendo fiestras, movendo cortinas e chirriando madeiras. E o milagre que renace da cinza que algún acólito roubou e conxurou verquendo o seu sangue fiel en terra sagrada, o que surxe ante nós coma un deus antigo en forma de produtora, ese milagre ten un nome propio: Hammer Films

non minto, non bromearía nunca con algo así. Podedes comprobalo
aquí

volve coa Hammer Ingrid Pitt
...

que nos deixou a inolvidable Condesa Drácula, filme que versiona a vida dunha noble sanguenta e de orixe húngara, Elizabeth Bathori, que tomaba baños de sangue de mozas como método anti-age

Novas incorporacións serán o Daniel Radcliffe -o actor que fixo de Harry Potter-, que estreará The woman in black para o 2011.

Pero non teremos que esperar tanto para o reencontro xa que para o mes está prevista a estrea de Let me in, remake da cinta sueca que coñecemos como Déjame entrar (Let the Right One In
, 2008), dirixida por Tomas Alfredson e baseada no libro de John Ajvide Lindqvist, podedes ler online o primeiro capítulo aquí. Non deixedes de miralo porque promete. Da peli dicirvos que eu quedei encantada dela, do milloriño que se pode ver hoxe, de terror e con respeto ó xénero.


Se mirades un adianto do remake d
a Hammer veredes que ten unha calidade brutal, non nos esperan pelis de serie Z, a Hammer volve pola porta grande, coma unha gran señora.
Déixovos trailers para que comparedes, se non víchedes a sueca eu case vos recomendaba que a vísedes primeiro.
sueca e británica

E non o estaba obviando, non, deixábao para o final. Si, Christopher Lee volve, por suposto. Antes de que acabe o ano poderemos velo en The Resident con Hilary Swank. E mirádeo que contento está, como o celebra...


miércoles, 15 de septiembre de 2010

Non todo o monte vai ser ourego...


Daybreakers
Non podo recomendala. É bastante maliña.
Trata de que dentro de 10 anos no mundo gobernarán os vampiros e empezarán a ter problemas porque aínda non conseguiron desenvolver un sustitutivo do sangue e cada vez hai menos humanos dos que se alimentar. A fame fai que os vampiros (sic) evolucionen a uns "infraseres" ós que lle saen ás de morcego (xa, xa o sei) e que se animalizan e volven irracionais e violentos, ademáis de moi feos.
A idea do argumento, que inda que volo pareza tampouco é tan orixinal, non está nada ben desenvolta. A trama faise moi predecible, os diálogos son malos-malos, ... simplóns de criaturas de primaria quero dicir...
Que a vendan como unha mistura entre 28 días después e Matrix... en fin!! De Matrix malcopian o sistema de granxas de humanos que, se ben na outra peli tiña sentido porque lles drenaban a enerxía, aquí non ten sentido ningún ter xente enchufada a xeringas. A ver, que a velocidade á que se quita o sangue non é necesario te-la xente así, o normal sería que os estivesen cebando coma cochos para que se nutrisen ben e rexenerasen antes. Sería moito máis realista que en vez de esclaviza-los pouquiños humanos que quedan os tratasen cual lince ibérico para que se reproducisen, ou non?
Eu, que no me dedico ó audiovisual, non sei dicir por onde perde a película. É posible que o reparto interprete ben se non hai un bo guión? A min dame que nesta produción meteron bastantes cartos -e a zoca tamén, bastante- e non brilla por ningures. Incrible que incluso conten con Willem Dafoe e o fagan palidecer, como se consegue iso?
Bueno, e o de comparala con 28 días después... ejem, só direi que 28 Días si é unha peli de xénero de terror, de monstros, como queirades chamarlle, e Daybreakers é unha bolsa de plástico do súper rota.

Menos mal que despois aparecen estas xoiiñas de youtubes que compensan o demáis


é que iso de reencontrarse cos vellos amores non ten fallo, esas sete tempadas de Buffy quedarán aí pase o que pase.

lunes, 13 de septiembre de 2010

Remata a terceira de True Blood



AVISO DE SPOILER: Non ler se inda non se viu a serie ata o penúltimo capítulo da terceira.


Estou moi contenta con esta seriaza, do milloriño que se pode ver xunto con Being Human. Os libros non os sigo así que non podo cotexar, só lin o primeiro (Muerto hasta el anochecer, de Charlaine Harris) que, aínda que aporta algún matiz que na serie non se ve, é unha literatura bastante maliña -conste que esixo moito nese sentido- e non penso perder o tempo léndoa, a serie está a anos luz de calidade.
Xa na segunda a presencia de Maryann, a Ménade, daba moito xogo pero eclipsaba un pouco ó resto.


pero chega a terceira e trae a cada creepy character...
Russell Edgington
Franklin Mott
bufffff, mimadriña con este último!!!!

despois tamén están os lobisomes, aínda que eu non son demasiado fan.
por outra banda aparece a Cat People! moi boa esa que meteron!

e tamén se aumenta o protagonismo de moitos personaxes, como a trama en torno a Eric -e a Pam tamén nola mostran millor-, os cambiaformas, seguimos coa pobre Tara -que non gana para disgustos...
e Jessica e Arlene forzadas a traballar xuntas, parece que non acaban de encaixar

a skinny está pasándoo realmente mal con este tema do "aborto ou non" e Terry é tan riquiño -e a culpa é tan libre e poderosa-pero o meniño é do oitro e xa se sabe "once evil, always evil" pero despois está esa compañeira nova do Merlotte's rollo naturista-siniestra...

ponse moi interesante o modo no que cada vez aparecen máis tipos de poderes, maxia mito e relixión, fadas... e xa veremos en que se revela o tándem Lafayette-Jesús/Jaguar (vaia malas viaxes que se pegan estes dous)


non me diredes que os finais de capítulo non son cada vez máis especialmente escuros e dramáticos, estame gustando moito este tinte que lle dan á serie

e estou particularmente satisfeita de que comece a facer augas a relación entre o Bill Compton e a Sookie. a ver, Eric Northman (Uau!) ou o vampiro rayado e conservador... (quen dubida?)
e Pam sempre xenial "What?" "Blablavampireemergencybla" adóroa!! con ela vos deixo...