Mostrando entradas con la etiqueta Drácula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Drácula. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de noviembre de 2010

O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY



Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co "Jr." despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, é o maior xenio da interpretación do horror de tódolos tempos. Non, en serio, ocórresevos alguén millor? adiante, suxerencias, por favor. 


Toda a maquillaxe, calquera tipo de truco ou engano con tendencia ó deforme e o grotesco, o labor de Jack Pierce na Universal,... podemos afirmar que están en débeda con Lon Chaney. El non foi só o primeiro, senón o mellor. Lon Chaney é Durero. 


Cando o poño tanto polas nubes non me refiro a que tivera un gran dominio do xesto e a mirada, non acabo de saber explicarllo a alguén que nunca o vira, a ver... Lon facíao TODO, a recreación -ou case que creación- dos personaxes era obra súa. Maquillaxe, arames, postizos, cirurxías e un dominio inaudito da expresión facial e o movemento corporal -o ser fillo de pais xordos influiu moito na súa capacidade expresiva. 


Amigos e compañeiros, Tod Browning e Lon Chaney son exemplos clave da unión entre a vida e a obra, ata as últimas consecuencias. Os dous outsiders, pobres desgraciados e cun talento insoportable.
Non moita xente sabe que o primeiro filme sonoro de terror -o Drácula de Browning- ía ser protagonizado por Lon, pero morreu ós 47 anos e o papel deu voltas ata que quedou con el ese búlgaro de tan bo ver -Lugosi.


Neste mundo cruel, para aumento da melancolía, sempre nos queda algunha xoia imposible de recuperar, o paraíso que perdimos con Lon Chaney é esta peli de vampiros. 


Falan dela neste enlace, por quen queira saber máis sobre o tema.

Igual non mostrei entusiasmo suficiente para dar conta do meu afecto real por Lon, é que estou acatarrada, suponse. Pero o certo é que tamén podería ser gripe española, e non querría irme sen deixarvos constancia do meu profundo amor devoto por Lon Chaney. 



Déixovos este video  para que o miredes, está moi ben feito, mostra anacos dos seus papeis. Facédeme o favor de miralo.



Imaxes tiradas de: thewhiteduke.blogspot.com, rubberroom101.com (esta páxina está moi interesante se vos interesa a maquillaxe no cine), moviefanfare.com, elglamourdemargo.blogspot.com, longforgottenhauntedmansion.blogspot.com, cinefania.com.

jueves, 28 de octubre de 2010

grandes... ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi



Haberá quen diga "Bela de primeiro?" e eu digo "pois si". Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple "eu xa ceei". Pero non, el faino millor ca iso, el establece pautas. El leva unha capa que identificamos nun acto reflexo, sen pensar en que é só attrezzo, e el só un actor. Faino tan natural coma os impulsos máis básicos, a fame, a sede e o escapar da luz.

Respiramos a Drácula gracias a Lugosi. Bela fíxose o vampiro, a persoa, o actor e o vampiro outra vez, pero todo tan xunto e irremediable que era unha vela nunha mansión de sillares inmensos e escaleiras lúgubres que se desprazaban case trepando pola parede. E coa cera mesturábase sangue ó son da música harmoniosa dos fillos da noite.

Bela fíxose un icono do xénero, gracias en gran parte ó aceno e ó acento. Son algo moi difícil de transmitir os valores tan abstractos que crean a atmosfera do horror. Se Browning era o Poe do audiovisual, ben soubo sacarlle partido ó inmigrante cargado de sex-appeal que non sabía inglés. 


Posiblemente o maior defecto de que o acusan é de ser excesivo no xesto, de ser demasiado teatral no cine; pois será para gustos, a min Bela resúltame perfecto. O príncipe da escuridade, seductor e repulsivo, capaz de hipnotizar, con costumes exóticas, antigas e de orixe nobiliaria. Pero dicíanlle esaxerado. Non estou dacordo, non creo que poidamos entender millor ca el como debía moverse un ser que podía transformarse en millóns de ratas de ollos vermellos. 



Se vos interesa podedes ler unha biografía moi curiosa sobre el, se a atopades -gracias, Álvaro, pola accesibilidade documental. Está escrita por Edgar Lander e publicada en Anagrama. Ten un ton amable, sen caer en cursiladas, e achéganos a iso no que se convertiu a sua vida, ese híbrido que sería tán fácil coma mentira etiquetar.

Se alguén aínda non se namorou del eu podo suxerir o remedio, velaquí a súa filmografía, aínda que o prudente sería comezar por Drácula. E se sodes insensibles eu xa non teño solución.


Para goce visual unhas imaxes míticas... Que só poño imaxes de Drácula? ui! nin me dera conta...









Fotos tiradas de paperblog.com, vadeultra.blogspot.com, aullidos.com, magiafantasma.blogspot.com, kekai.blogspot.com, micine-halbert.blogspot.com, tiempoderuinas.wordpress.com.

viernes, 20 de agosto de 2010

introdución práctica ó zombismo, parte 1ª.

Hai unhas semanas acabei de ler Lazarillo Z. Matar zombis nunca fue pan comido e bufffffff, a ver por onde comezo...

supoño que existe xente que non entende ou coñece todo este asunto Z (zombie) e que, independientemente de que queiran ou non, é a miña obriga moral ilustrar ás persoas ignorantes para que saiban a que lles vai caer.
intentei ser sintética e recoller moito nesta entrada, pero é imposible, a plaga está moito máis extendida do que eu coñecía e vaime levar un tempo explicalo ben claro e preciso, así que decidín ir por partes.
os zombis están en auxe, viñeron ocupar con moita frescura (toda a que poden, pobres) o oco que deixaron os vampiros no xénero do horror desde que gran parte das producións que se fan con estes monstros están collendo -cada vez máis e peor- un tinte ñoño, case ridículo.
o vampiro é un ser -por definición!- erótico e repulsivo á vez e o están volvendo “amoroso” e infantil ata un punto insostible (tede, por favor, en conta que estou facendo de tripas corazón e intentando ser diplomática e obxetiva con este tema cando en realidade me dan ganas de muerte, destrucción y desmembramiento).
que digo eu que a burbulla esta edulcorada terá que romperlles nalgún momento porque empalaga moito. moito.
un dos exemplos máis recientes é Crepúsculo (The Twilight Saga) que vaia se se deron conta que non se atura que tiveron que botar man dos licántropos para facer contrapunto que senón a xente se aburre. pois predeciron ben (home! glitter vampires, nunca tan se viu!).
que digo eu: desde cando a xente se aburre dos vampiros? unhas das criaturas máis fascinantes que poden verse! canto mal fixo Coppola co seu mal chamado (que non maldito, que máis quixera) Drácula de Bram Stoker... (ainssss)

breve, eh? pero intenso!! téño que deixalo aquí e sair de caza ó super. volverei con máis información pero polo de agora, por puro amor a la humanidad, quero deixarvos de deberes para que vaiades lendo Zombi. Guía de supervivencia de Max Brooks, editado en España por Berenice. Un imprescindible que me agradeceredes algún día.


jueves, 23 de abril de 2009

Drácula 73



Esta é unha das miñas pelis favoritas, aquí coñécese como Drácula 73 e o título orixinal é Dracula A.D. 72. Peli moi hippie, moi londinense, sicodélica e, sobre todo, moi moi Hammer. Cores moi vivas, sangue abundante, Drácula maligno y sensual -aínda que algo viejuno-, conflitos de legado (Cushing e saga Dracula), inicio de flashback época con -como non- campo e persecución en carruaxe. É que me fascina esta peli! non sei cantas veces a vin. Ademáis o actor que fai de Johnny Alucard paréceseme moitísimo a Nick Knight da serie El señor de las tinieblas ou Forever Knight (en inglés) mirade as fotos para comprobalo.Na escea da festa finolis na que se cola o grupito da peli aparece tocando a banda Stoneground, que está xenial, déixovos o video.
Como estou un pouco vaga vouvos deixar a ficha técnica por cortesía de Filmaffinity (http://www.filmaffinity.com/es/film260739.html)
TITULO ORIXINAL: Dracula A.D. 1972
ANO: 1972
100 min.
Direción: Alan Gibson
Guión: Don Houghton
Música: Mike Vickers
Fotografía: Dick Bush
Reparto: Christopher Lee, Peter Cushing, Stephanie Beacham, Christopher Neame, Michael Coles, William Ellis, Marsha Hunt, Janet Key, Philip Miller, Michael Kitchen, David Andrews, Caroline Munro, Lally Bowers.
E algunhas foticos máis para que vos entren ganas de vela xa (por certo que a teñen no videoclub Europa pero eu alugueina e colgóuseme así que a ver se a merco na fnac).
Os carteis promocionais de cada país son unha auténtica delicia, van algúns.