A Hammer está máis que ben pero non era a única que traballaba o noso terreo, tamén estaba a Amicus Films, que lle colleu prestado un pouquiño para esta peli ó noso queridérrimo Peter Cushing, que non quita que valoremos -pero sen adoración- as aparicións dos novísimos Robert Powell e Charlotte Rampling.
Peli do 1972, en inglés Asylum, dirixida por Roy Ward Baker. Vai dun siquiatra -Powell- que busca traballo nun manicomio, para iso terá que pasar a proba de ir falando cos distintos pacientes ingresados e descubrir quen era o antigo director que toleou de súpeto e rematou alí pechado. Se o descobre danlle o choio. Contando cadansúa paranoia intercálanse as pequenas historias das que se forma o filme.
Escrita por Robert Bloch, autor do xénero ó que debemos, por exemplo, Psicosis. E que nos deixa algunhas pingas de guión moi ben colocadiñas coma
"Descansa en pedazos."
"(...) tempranito y muy tempranito y si no tiene el dinero haga usted las maletas"
ou "Mantén las puertas cerradas y así evitarás las corrientes."
Cando o aspirante ó posto vai subindo as escaleiras pode disfrutar da decoración en plan imitación gravados de Goya que atopa enmarcados polas paredes, algúns moi curiosos.
![]() |
| e isto que será? haberá que ver a peli logo |
Ó principio vese de vez en cando algún brillo de luz moi agresivo -a fiestra do fondo do corredor, a porta metálica reforzada- que xa nos avisan do cambio de espazos e realidades unha vez traspasados estes umbrais -pero ti así o quixeches Powell, non podías apuntarte en infojobs, alma cristiana?
Durmide ben, si?
fotos tiradas de hauntedfilms.blogspot.com,creepycrew.foroactivo.com.


