Mostrando entradas con la etiqueta pantasmas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pantasmas. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de septiembre de 2010

and my heart goes to... Being Human

 
Como superar un ataque no que “sobreviviches” pero outro morreu e que te deixou cunha pegada que te persegue e está en ti todo o tempo?

Como superar ter unha existencia feliz e morrer dun estúpido accidente doméstico caendo polas escaleiras?

Como superar unha historia tan longa que dá para ter feito moito mal, ter reflexionado e ter tomado novas decisións?

Son situacións moi complicadas para que ademáis se lles sume o difícil reto de intentar ser normais, convivir, ser humanos na medida do posible. Pero pode terse toda a vontade do mundo que será insuficiente ante as persecucións e prexuízos duns e doutros.

Ante un panorama tan pesimista, esta serie cun ton tráxico móstranos uns personaxes moi complexos e, aínda que torturados e con moi mal prognóstico, fan o imposible para saír adiante xuntos e con moito sentido do humor. Unha historia ambientada nun mundo de monstros con enfoques moi realistas sobre como tería que desenvolverse alguén nesa situación.

George, Annie e Mitchell son os principais protagonistas, van sumándose outros despois. Xa vos adianto que no capítulo piloto non saen os mesmos intérpretes, eu case que vos deixo que o saltedes e vaiades ó capítulo 1. A serie non ten desperdicio en versión orixinal, as súas voces son moi características e se sabedes algo de inglés veredes que se lles entende moi ben.

Con esta serie tiven -e teño- un auténtico flechazo, así que espero que a disfrutedes. A historia da amizade e convivencia entre un lobisome, unha pantasma e un vampiro. Being human.