Mostrando entradas con la etiqueta zombies. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta zombies. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de octubre de 2010

Zombieland

Un par de cousas sobre unha peli que todo o mundo pon polas nubes: Zombieland.

A peli gustoume, estar está moi ben feita, ben interpretada, riste, bos efectos, cadencia, a música está xenialmente colocada, a acción encaixada como lle toca,... para que nos imos enganar? que pegas lle vou poñer? pois unha ben grande -como rancia e purista do xénero de terror que son- esta peli ten un plantexamento que fai que lle guste a calquera persoa á que non lle guste o xénero, é ou non é? A calquera amigo do tipo "de zombis non me gustan, con tanto sangue... agghh" poderiamos convencelo para que fora e lle ía gustar seguro. Supoño que iso é algo bo, sobre todo para a recadación.

Pois iso, apta para calquera.
E como resulta que non é ese o perfil de pelis das que me gusta falar aí o deixo.

Na páxina oficial podedes xogar a matar zombies.

Carátula tirada de thenextfreakshow.com 


lunes, 20 de septiembre de 2010

de misterios, zombis e remakes...

Alguén lembrará seguro esta serie, a min daquela fascinábame a idea de partida, unha tenda plagada de obxetos con poderes!!

serie que aquí se coñece como Misterio para 3 (pode verse algún capítulo en series yonkis).

Aí na foto tedes ós 3 do misterio, os dous mozuelos herdeiros dun tío que non coñeceron -e que resulta que lle daba á maxia negra que daba gusto- e mais o amigo do defunto, que se ve na obriga de poñelos sobre antecedentes e axudarlles na tarea de recupera-las pezas vendidas -porque o caso é que estaban todas malditas e esa non era a idea da xente ó mercalas para facer bonito. O que herdaron os rapaces -por se non quedou claro- é unha tenda de antigüedades con poderes e autonomía para facer mal. Por aquela época, afortunadamente, non existía ebay.

No primeiro capítulo aparece unha rapariga un tanto repelente -tamén é certo que con algo de causa- e maligna, que vén sendo Sarah Polley con oito anos, xa apuntaba maneiras a criatura... pinchade aquí para ve-la sintonía do comezo e un cacho da intervención da miniña, aínda que o millor está por chegar...

Dábaselle ben o noso xénero xa de pequena, non sei por que motivo Polley insiste en facer pelis con Coixet, espero que se lle pase. Eu prefiro vela en apuros en pelis coma Dawn of the Dead (Zack Snyder, 2004), aínda que tamén me vale que faga algunha orixinal, ou que incluso a escriba xa que me poño a pedir.

Si, esta peli da que falamos é un remake da de Romero, da que se coñece como Zombi (a que lle produciu Dario Argento despois de ver a humilde e mitiquísima Night of the Living Dead). A pesar de ser un remake -e é xusto dicir que non supera á orixinal- está moi á altura, podiamos dicir que é un remake máis ca digno, incluso fabuloso. Respeta o punto de partida -fundamental- e eu creo que está moi coidada en todos os aspectos, fixeron os cambios que lles pareceron oportunos e para adiante. Se coñecedes a obra de Romero, e sabedes a importancia dos títulos de crédito, aquí vos deixo o enlace dos títulos da nova.

Igual peco de entusiasta pero é que é de ben nacidos ser agradecidos cos remakes mais ou menos decentes. Hoxe zapeando -zapateando sería máis verídico- atopeime coa versión estadounidense da xaponesa Dark Water- de Hideo Nakata, autor da saga Ringu, si, a do pozo- esa que protagoniza Jennifer Connelly -pobriña, que ela non ten culpa que é moi boa actriz- e bueno, supoño que necesito que alguén me dea as claves para tolerar estas cintas yankis (e non me refiro a que me deades pastillas, a idea é velas esperta) porque o cine xaponés de terror é tan excepcional e insultantemente bo que me sinto aturdida co contraste. Propúxenme vela, non por disfrutar, senón por ter a experiencia para poder comparar ca orixinal, pero tiven que parar, que unha coñece os seus límites e aquilo era insostible.

Fotos tiradas de theculto.blogspot.com, kindertrauma.com, cinevisiones.blogspot.com, blogdealimana.blogspot.com., zonafandom.com.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Máis zombis, desta vez en serie: Dead Set

¿Que pasa se durante a edición de Big Brother se produce unha plaga zombi? O argumento así dito pode parecer que ten que sair algo moi perralleiro, pero non é o caso. Dead Set é brillante. Son só 5 capítulos que quedan tan redondiños e tan ben cosido todo que dá gusto. É unha produción británica -igual que a miña adorada Being Human, ai! como saben facer esta xente de alá arriba...!- escrita por Charlie Brooker, que lle nominaron ó BAFTA por ela.

A páxina da serie: http://www.e4.com/d
eadset/
e non sexades zopencos e botádello un ollo ó trailer, ho!
http://www.youtube.com/watch?v=HQjq639WPiU

Os zombis sempre nos veñen acompañados de humor pero aquí é máis ca negro, é un sarcasmo tan besta... que podemos ver nos pequenos chascarrillos da prota - Kell- e no desquiciamento dalgúns dos outros personaxes -que parece que xa estaban trallados desde antes do desastre. Pero xa aviso, isto non é de risitas e hai tripas por doquier, abstenerse hiper sensibles ás visceras e destripamentos varios. E tamén aqueles que lles gusta a cámara quietiña (bueno, vos que facedes aquí lendo isto? fóra!)

 
Estereotipos extremos pechados nun cuarto pequeniño, tan burdos como realistas desde que vivimos esa fantasía da estupidez dos realities. Totalmente brillante o personaxe de Patrick -o director desa bazofia de concurso- que moi ben di nalgún momento algo como "non me imaxino o que sería vivir xunto a alguén que segue este tipo de programa".

Vou ser mala, unha pega que lle atopo: non me acaba de convencer iso de que só te transformes por medio da mordedura e que anden todos lixosos cheos de sangue. Segundo o que eu teño entendido calquera contacto cun fluido corporal destes gules xa che convirte, co que tes que ter moito coidado en non pringarte do seu sangue cando os matas, pero que por outro lado o seu estado de descomposición tamén o xelifica algo. Bueno, xa sei que coma en todo mito hai variantes a darlle co pé pero é que para min o que diga Max Brooks vai a misa, palabra de Dios TE ALABAMOS SEÑOR!! (se xa acabáchedes co manual empezade con Guerra Mundial Z, tamén de Max Brooks, editado por Almuzara, e por certo que existe en edición de peto, que xa o vin na librería Fonseca).


Pero sen dúbida a Dead Set hai que darlle un plus por esa advertencia inicial, inolvidable... hai que vela a escuras jejejeje

PD: Teño tanto que contarvos... que frustrante non dar actualizado a medida que consumo terror.






viernes, 20 de agosto de 2010

introdución práctica ó zombismo, parte 1ª.

Hai unhas semanas acabei de ler Lazarillo Z. Matar zombis nunca fue pan comido e bufffffff, a ver por onde comezo...

supoño que existe xente que non entende ou coñece todo este asunto Z (zombie) e que, independientemente de que queiran ou non, é a miña obriga moral ilustrar ás persoas ignorantes para que saiban a que lles vai caer.
intentei ser sintética e recoller moito nesta entrada, pero é imposible, a plaga está moito máis extendida do que eu coñecía e vaime levar un tempo explicalo ben claro e preciso, así que decidín ir por partes.
os zombis están en auxe, viñeron ocupar con moita frescura (toda a que poden, pobres) o oco que deixaron os vampiros no xénero do horror desde que gran parte das producións que se fan con estes monstros están collendo -cada vez máis e peor- un tinte ñoño, case ridículo.
o vampiro é un ser -por definición!- erótico e repulsivo á vez e o están volvendo “amoroso” e infantil ata un punto insostible (tede, por favor, en conta que estou facendo de tripas corazón e intentando ser diplomática e obxetiva con este tema cando en realidade me dan ganas de muerte, destrucción y desmembramiento).
que digo eu que a burbulla esta edulcorada terá que romperlles nalgún momento porque empalaga moito. moito.
un dos exemplos máis recientes é Crepúsculo (The Twilight Saga) que vaia se se deron conta que non se atura que tiveron que botar man dos licántropos para facer contrapunto que senón a xente se aburre. pois predeciron ben (home! glitter vampires, nunca tan se viu!).
que digo eu: desde cando a xente se aburre dos vampiros? unhas das criaturas máis fascinantes que poden verse! canto mal fixo Coppola co seu mal chamado (que non maldito, que máis quixera) Drácula de Bram Stoker... (ainssss)

breve, eh? pero intenso!! téño que deixalo aquí e sair de caza ó super. volverei con máis información pero polo de agora, por puro amor a la humanidad, quero deixarvos de deberes para que vaiades lendo Zombi. Guía de supervivencia de Max Brooks, editado en España por Berenice. Un imprescindible que me agradeceredes algún día.