Mostrando entradas con la etiqueta Libros del Zorro Rojo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros del Zorro Rojo. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de diciembre de 2010

Libros del Zorro Rojo e Poe

 


Houbo tempos anteriores, moito mellores nalgúns sentidos. Nostálxica, si, melancólica, tamén -se queredes-, e romántica, ausente e esquiva deste momento miserable pero nada decadente -xa que parece que imos a máis, sen saber ata onde ou cando ou canto- que nos tocou vivir. Se tivese un super poder, un don para escoller,... traía aquí de volta o século dezanove. Os relatos de terror e fantasía ocupando o lugar que merecen, marabillosamente ilustrados -preferiblemente en branco e negro. O XIX é a época estrela.
 
Pero non todo é “cualquier tiempo pasado fue mejor” agora temos un milagre editorial que se chama Libros del Zorro Rojo. O que está facendo esta xente é un traballo de culto. Teñen libros infantís e para adultos, publican autores clásicos e actuais, e dannos ilustracións de clásicos -como o grandísimo Harry Clarke- e ilustradores actuais realmente espectaculares -como é o caso de Alberto Vázquez. 



A escolla das obras, as traducións seleccionadas, as ilustracións, todo é brillante e minuciosamente coidado en Libros del Zorro Rojo, é a perdición dos fetichistas dos libros, a ourivería do papel. 



Podería facer un repaso ó cátalogo tan fascinante que teñen, pero case que vos deixo o enlace para que o miredes -infantil  e xuvenil/adultos- xa que está moi próximo o nadal e teñen tenda online... 




Como vedes teñen un bo repertorio do gran mestre do terror. Unha edición impresionante dos Cuentos de imaginación y misterio coa tradución de Julio Cortázar e as ilustracións orixinais de Harry Clarke. E vedes por aquí un par de exemplares ilustrados por Luis Scafati. 



O libro do ZR ó que quero facer referencia chámase Poe, está escrito por Jordi Sierra i Fabra e ilustrado por Alberto Vázquez (mirar aquí aquí). Viría sendo unha especie de biografía moi persoal e peculiar, conta -máis a través da sensación ca do propio relato da acción- o que foi a vida de Poe desde unha perspectiva moi próxima, vívida. Achéganos á crueldade do entorno, á frustración, pero tamén á persistencia e o valor, ó recoñecemento do propio talento e á loita pola súa liberdade creativa.


Poe é espléndido, seguindo lugares e cronoloxías da vida do poeta, deixando caer citas de obras no momento oportuno. As ilustracións de Vázquez son moi tenebrosas e inquietantes, co leit motiv do corvo-poeta atravesando toda clase de angustias. Todo o libro garda a esencia do que significa a obra de Edgar Allan Poe, e iso é algo que calquera amante da súa obra recoñece e agradece.





Se alguén non coñece a figura de Edgar Allan Poe antes de ler este libro -se é que iso é posible- quedará cautivado. E para quen lle teña un mínimo aprecio espertaralle unha empatía extrema, por momentos unha tensión no estómago e, polo menos no meu caso, unha eterna admiración e gratitude por facernos chegar a súa obra a pesar de todo o que tivo que soportar. Poe déixanos de testamento, ademáis da atmosfera opresora e voraz,  a mensaxe da que a supervivencia da obra está por enriba de todo. Unha sabia lección.














" (...) -Su vida acabará siendo una ruina -lamentó el editor-. Terminará borracho y en la calle, sin nada, solo.
Apretó los puños.
Demasiadas veces había tenido esa mismo pesadilla.
-Nadie va a hundirme, y menos yo mismo -le desafió.
-Reaccione, amigo mío, ¡reaccione! Es usted demasiado pesimista, inconforme, amargado, terco... El mundo no puede estar hecho a su medida; no pretenda cambiarlo en solitario, mediante unos poemas o unos cuentos. ¿Quién se cree que es?
-Edgar Allan Poe -dijo.
-¿Y ya está? -Le mostró su sorpresa abriendo las manos.
-Es todo cuanto tengo, señor White. Y es más de lo que cualquier ser humano pueda aspirar a poseer. (...)" 










Imaxes tiradas das páxinas de Libros del Zorro Rojo e de Alberto Vázquez.
Cita páxinas 56-57.