sábado, 27 de noviembre de 2010

O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY



Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co "Jr." despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, é o maior xenio da interpretación do horror de tódolos tempos. Non, en serio, ocórresevos alguén millor? adiante, suxerencias, por favor. 


Toda a maquillaxe, calquera tipo de truco ou engano con tendencia ó deforme e o grotesco, o labor de Jack Pierce na Universal,... podemos afirmar que están en débeda con Lon Chaney. El non foi só o primeiro, senón o mellor. Lon Chaney é Durero. 


Cando o poño tanto polas nubes non me refiro a que tivera un gran dominio do xesto e a mirada, non acabo de saber explicarllo a alguén que nunca o vira, a ver... Lon facíao TODO, a recreación -ou case que creación- dos personaxes era obra súa. Maquillaxe, arames, postizos, cirurxías e un dominio inaudito da expresión facial e o movemento corporal -o ser fillo de pais xordos influiu moito na súa capacidade expresiva. 


Amigos e compañeiros, Tod Browning e Lon Chaney son exemplos clave da unión entre a vida e a obra, ata as últimas consecuencias. Os dous outsiders, pobres desgraciados e cun talento insoportable.
Non moita xente sabe que o primeiro filme sonoro de terror -o Drácula de Browning- ía ser protagonizado por Lon, pero morreu ós 47 anos e o papel deu voltas ata que quedou con el ese búlgaro de tan bo ver -Lugosi.


Neste mundo cruel, para aumento da melancolía, sempre nos queda algunha xoia imposible de recuperar, o paraíso que perdimos con Lon Chaney é esta peli de vampiros. 


Falan dela neste enlace, por quen queira saber máis sobre o tema.

Igual non mostrei entusiasmo suficiente para dar conta do meu afecto real por Lon, é que estou acatarrada, suponse. Pero o certo é que tamén podería ser gripe española, e non querría irme sen deixarvos constancia do meu profundo amor devoto por Lon Chaney. 



Déixovos este video  para que o miredes, está moi ben feito, mostra anacos dos seus papeis. Facédeme o favor de miralo.



Imaxes tiradas de: thewhiteduke.blogspot.com, rubberroom101.com (esta páxina está moi interesante se vos interesa a maquillaxe no cine), moviefanfare.com, elglamourdemargo.blogspot.com, longforgottenhauntedmansion.blogspot.com, cinefania.com.

jueves, 28 de octubre de 2010

grandes... ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi



Haberá quen diga "Bela de primeiro?" e eu digo "pois si". Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple "eu xa ceei". Pero non, el faino millor ca iso, el establece pautas. El leva unha capa que identificamos nun acto reflexo, sen pensar en que é só attrezzo, e el só un actor. Faino tan natural coma os impulsos máis básicos, a fame, a sede e o escapar da luz.

Respiramos a Drácula gracias a Lugosi. Bela fíxose o vampiro, a persoa, o actor e o vampiro outra vez, pero todo tan xunto e irremediable que era unha vela nunha mansión de sillares inmensos e escaleiras lúgubres que se desprazaban case trepando pola parede. E coa cera mesturábase sangue ó son da música harmoniosa dos fillos da noite.

Bela fíxose un icono do xénero, gracias en gran parte ó aceno e ó acento. Son algo moi difícil de transmitir os valores tan abstractos que crean a atmosfera do horror. Se Browning era o Poe do audiovisual, ben soubo sacarlle partido ó inmigrante cargado de sex-appeal que non sabía inglés. 


Posiblemente o maior defecto de que o acusan é de ser excesivo no xesto, de ser demasiado teatral no cine; pois será para gustos, a min Bela resúltame perfecto. O príncipe da escuridade, seductor e repulsivo, capaz de hipnotizar, con costumes exóticas, antigas e de orixe nobiliaria. Pero dicíanlle esaxerado. Non estou dacordo, non creo que poidamos entender millor ca el como debía moverse un ser que podía transformarse en millóns de ratas de ollos vermellos. 



Se vos interesa podedes ler unha biografía moi curiosa sobre el, se a atopades -gracias, Álvaro, pola accesibilidade documental. Está escrita por Edgar Lander e publicada en Anagrama. Ten un ton amable, sen caer en cursiladas, e achéganos a iso no que se convertiu a sua vida, ese híbrido que sería tán fácil coma mentira etiquetar.

Se alguén aínda non se namorou del eu podo suxerir o remedio, velaquí a súa filmografía, aínda que o prudente sería comezar por Drácula. E se sodes insensibles eu xa non teño solución.


Para goce visual unhas imaxes míticas... Que só poño imaxes de Drácula? ui! nin me dera conta...









Fotos tiradas de paperblog.com, vadeultra.blogspot.com, aullidos.com, magiafantasma.blogspot.com, kekai.blogspot.com, micine-halbert.blogspot.com, tiempoderuinas.wordpress.com.

miércoles, 20 de octubre de 2010

unha de serie B... Refugio Macabro

A Hammer está máis que ben pero non era a única que traballaba o noso terreo, tamén estaba a Amicus Films, que lle colleu prestado un pouquiño para esta peli ó noso queridérrimo Peter Cushing, que non quita que valoremos -pero sen adoración- as aparicións dos novísimos Robert Powell e Charlotte Rampling. 
 
Peli do 1972, en inglés Asylum, dirixida por Roy Ward  Baker. Vai dun siquiatra -Powell- que busca traballo nun manicomio, para iso terá que pasar a proba de ir falando cos distintos pacientes ingresados e descubrir quen era o antigo director que toleou de súpeto e rematou alí pechado. Se o descobre danlle o choio. Contando cadansúa paranoia intercálanse as pequenas historias das que se forma o filme.

Escrita por Robert Bloch, autor do xénero ó que debemos, por exemplo, Psicosis. E que nos deixa algunhas pingas de guión moi ben colocadiñas coma 
"Descansa en pedazos." 
"(...) tempranito y muy tempranito y si no tiene el dinero haga usted las maletas
ou "Mantén las puertas cerradas y así evitarás las corrientes."


ai, que home, como esforza a vista, algún escuro motivo terá, mmmmmmm...
Cando o aspirante ó posto vai subindo as escaleiras pode disfrutar da decoración en plan imitación gravados de Goya que atopa enmarcados polas paredes, algúns moi curiosos.

e isto que será? haberá que ver a peli logo

Ó principio vese de vez en cando algún brillo de luz moi agresivo -a fiestra do fondo do corredor, a porta metálica reforzada- que xa nos avisan do cambio de espazos e realidades unha vez traspasados estes umbrais -pero ti así o quixeches Powell, non podías apuntarte en infojobs, alma cristiana?


Non quero dicir nada pero espero que vos acordedes desta peli a próxima vez que vexades papel de embalar.




Durmide ben, si?



fotos tiradas de hauntedfilms.blogspot.com,creepycrew.foroactivo.com.

martes, 19 de octubre de 2010

Zombieland

Un par de cousas sobre unha peli que todo o mundo pon polas nubes: Zombieland.

A peli gustoume, estar está moi ben feita, ben interpretada, riste, bos efectos, cadencia, a música está xenialmente colocada, a acción encaixada como lle toca,... para que nos imos enganar? que pegas lle vou poñer? pois unha ben grande -como rancia e purista do xénero de terror que son- esta peli ten un plantexamento que fai que lle guste a calquera persoa á que non lle guste o xénero, é ou non é? A calquera amigo do tipo "de zombis non me gustan, con tanto sangue... agghh" poderiamos convencelo para que fora e lle ía gustar seguro. Supoño que iso é algo bo, sobre todo para a recadación.

Pois iso, apta para calquera.
E como resulta que non é ese o perfil de pelis das que me gusta falar aí o deixo.

Na páxina oficial podedes xogar a matar zombies.

Carátula tirada de thenextfreakshow.com 


martes, 28 de septiembre de 2010

and my heart goes to... Being Human

 
Como superar un ataque no que “sobreviviches” pero outro morreu e que te deixou cunha pegada que te persegue e está en ti todo o tempo?

Como superar ter unha existencia feliz e morrer dun estúpido accidente doméstico caendo polas escaleiras?

Como superar unha historia tan longa que dá para ter feito moito mal, ter reflexionado e ter tomado novas decisións?

Son situacións moi complicadas para que ademáis se lles sume o difícil reto de intentar ser normais, convivir, ser humanos na medida do posible. Pero pode terse toda a vontade do mundo que será insuficiente ante as persecucións e prexuízos duns e doutros.

Ante un panorama tan pesimista, esta serie cun ton tráxico móstranos uns personaxes moi complexos e, aínda que torturados e con moi mal prognóstico, fan o imposible para saír adiante xuntos e con moito sentido do humor. Unha historia ambientada nun mundo de monstros con enfoques moi realistas sobre como tería que desenvolverse alguén nesa situación.

George, Annie e Mitchell son os principais protagonistas, van sumándose outros despois. Xa vos adianto que no capítulo piloto non saen os mesmos intérpretes, eu case que vos deixo que o saltedes e vaiades ó capítulo 1. A serie non ten desperdicio en versión orixinal, as súas voces son moi características e se sabedes algo de inglés veredes que se lles entende moi ben.

Con esta serie tiven -e teño- un auténtico flechazo, así que espero que a disfrutedes. A historia da amizade e convivencia entre un lobisome, unha pantasma e un vampiro. Being human.


 

domingo, 26 de septiembre de 2010

Cazadores, monstros, clásicos... mix it all!!

Seguindo coa cuestión dos clásicos e monstros, desta vou prestarlles atención ós vampiros. Debía estar especialmente emocionada pero non, porque aínda non lin ningún dos libros que vos vou mostrar pero hai algún ó que xa se lle ve a pinta perralleira, que realmente non me parece que poida estar á altura dos customizados con zombis, por iso me dá algo de baixón. Outra vez os vampiros de capa caída (jeje, chiste triste, xa me din conta). Al ajo... (jejeje, fíxeno outra vez)



Empezamos forte, Little Vampire Women, de Lynn Messina con Louisa May Alcott. Teñen un punto, non? 

Coma sempre, haberá que esperar a que se traia e traduza -eu aviso cando me entere, editorial e o que faga falta, para servir estamos- salvo indicación TODO o que poño está escrito en inglés e sen tradución.


Pois vese que as mulleriñas causan sensación e teñen outra reescrita ademais desta, pero non é de vampiros senón de lobisomes, que se ve que daquela non debía haber tanta moda da depilación masculina.
 
Están reescritas con Porter Grand e chámanse Little Women and Werewolves.  E invítovos a que visitedes este blog moi interesante, sobre todo a comparación que fai entre lobisomes e homosexuais. Fala da forma na que se ocultan na sociedade disimulando os seus enfermizos apetitos pola carne, tanto os lobishomes coma o colectivo LGBT. O dito, pinchade aquí.





Romeo & Juliet & Vampires, escrito por Shakespeare con Claudia Gabel. Otra historia de amorrrrr (agh!), serei prexuizosa pero xa me está dando que isto non ten moito que ver con Lazarillo Z, por poñer un exemplo... Que mira que ten tirón o tema vampiro, pero vagas por páxinas e páxinas, e o tipo de producto e de público que atopas é taaaaaan diferente. Somos irreconciliables, C'est la Vie!

De todos modos, se me cae nas mans, ou se o teño que coller incluso dunha estantería alta, botareille un ollo e lle darei a oportunidade da proba dos cinco minutos. 
 
E un inciso pequeniño, xa sei que non é de terror nin nada parecido, pero dentro de nada estrean unha nova versión do R-J de Shakespeare, en forma de animación moi gamberra, Gnomeo and Juliet. Podédeslle botar un ollo ó trailer aquí, ten certa gracia.

Seguindo co autor das paixóns humanas temos Shakespeare Undead, coa autoría de Lori Handeland, que nos conta as súas aventuras e peripecias de dramaturgo nigromante namorado. Será pola ilustración pero a min este prométeme.



 


A voltas con Jane Austen, outra vez, porque se se fala da vida do William como deixala a ela de lado? Neste libriño plantéxasenos o what if...? se a autora seguise viva e fose vampira, mmmm,...interesante... Chámase Jane Bites Back e o escribe Michael Thomas Ford.














Con Emma, da Austen, pasa coma cas Little Women, téñolle -a día de hoxe- fichadas duas versión: lobis e vampiros, que son Emma and the werewolves coescrito con Adam Rann e Emma and the vampires, con Wayne Josephson. 


 



De Emma and the vampires poño duas edicións que atopei, preciosa a amarela...

E podedes ler o primeiro capítulo en inglés here





 
 Xa falamos antes de Orgullo y Prejuicio y Zombies, en Umbriel, pois tamén temos outros monstruíños, para máis concretar, acuáticos.

Sentido y sensibilidad y monstruos marinos. por Jane -as estas alturas xa é inevitable a familiaridade- e Ben H. Winters, publicada por Umbriel, no mesmo tipo de edición ca a anterior. tamén ilustrada. Está dispoñible unha demo en .pdf para que miredes os dibus e vos animedes a mercalo aquí e hai tamén un trailer do libro, xa dan unhas ganas de pillalo... eu téñoo aí esperando, cando o lea xa vos comentarei.
 


Vai outra, Mansfield Park and Mummies, de Austen xunto con Vera Nazarian. 


Do total de seis novelas que existen da Austen, vin reversionadas catro, xusto as duas que faltan son póstuma -na teoría, sempre que consideremos que Jane está realmente finada- que son A abadía de Northanger e Persuasión, as duas publicadas no 1818. Pero isto non significa nin por asomo que aquí remate o asunto, temos os spin offs, ou que pensabades? imos con eles





 Mr. Darcy, Vampire, escrito por Amanda Grange. Continuación da historia cun tono escuro e que tedes dispoñible con estas duas portadas. Tráiler aquí.








Doutra banda temos a Regina Jeffers que, como podedes ver aquí, colleulle gusto a isto de darlle voltas unha e outra vez á mesma historia, Orgullo e Prexuízo. Que si agora a imos ver desde o punto de vista de Darcy, que se cando casan hai un misterio na casa e agora case que imos facer que Darcy sexa un vampiro, a ver que tal. E sae isto, Vampire Darcy's Desire.
Vale, igual vos pensades que isto é o mesmo lixo ca os outros pero eu... non mo regaledes, vale?


A partir de aquí unha cortina metálica ruidosa ggrrrhhhhhhhiiiiiiiiiiiiii!!!!!


Sen despegarnos de todo da Austen, sigamos. 

Para falarvos dunha peli que vai rodarse o millor que podo facer é citarvos algo que lin en zonanegativa.com:

"INTERIOR DÍA. Lujosa habitación de mansión londinense. Elton John se despierta por la mañana. 
Acto seguido, y cuando su fiel mayordomo iba a sugerirle una obra de caridad, él mismo se respondió.
 -¡Ya sé! ¡Haré una película sobre Predator, pero ambientada en la novela Orgullo y Prejuicio de Jane Austen. ¿No es una idea excelente? -dijo satisfecho de su propio genio."
 

Pois si, Pride and Predator, incluíndo monstros chulis coma o mitiquísimo Depredador (John McTiernan, 1987) que  coñecimos con Schwartzenegger e que anos máis tarde volveu con Alien Vs Predator (Paul W. S. Anderson, 2004, autor á súa vez da saga Resident Evil, que están botando agora a 4ª nos cines en 3D, moi recomendable pero que xa falarei dela outro día que se alonga moooito este paréntese). Por certo que as fotos son  especulación, o único que parece seguro é que a dirixirá William Felix Clark. 






Non me confundades a peli co libro escrito por Sally Wright, que, a pesar de ser homónimo, non lle serve de inspiración. Neste  o protagonista sospeita de que alguén matou a un fulano poñéndolle abellas no capacho do picnic coñecendo a súa alerxia. Vamos, que nada que ver. 








 
 



De biografías de políticos tamén se están a facer cousiñas, a ver se vai ser que os de agora están a  loitar con monstros e nos falando de folga xeral, ainssss. O coautor de Orgullo y prejuicio y zombies, Seth Grahame-Smith tráenos un libro Abraham Lincoln, vampire hunter. Pois si, a min tamén me gusta. E estase pensando xa na peli. Algo mirei de que ían empezar a rodar este inverno, dirixe Timur Bekmambetov. 


 



 
Outra individua con certas dotes de mando, a Raíña Victoria.
"She loved her country. She hated Demons"
Así nos introducen Queen Victoria: Demon Hunter. Escrito por A. E. Moorat. 





tal para cual...
                         ...marajota e media


xa que estamos ca monarquía a voltas, cazaría a Raíña Victoria a Enrique VIII se tivese ocasión? 

Henry VIII: Wolfman, de A. E. Moorat.









Tudores por aquí y por allá,... Nun intento de darlle unha merecida vinganza a Ana Bolena, Cinsearae Santiago escribe un libro no que dá un xiro á historia transformándoa en vampira, chámase "BOLEYN-Tudor Vampire". Nalgunha entrevista que lle lin á autora ela móstrase bastante allea á cuestión dos clásicos e monstros, así que tomémolo como iso. Se queredes visitar algo do que fai esta é a súa páxina oficial.

 
 




 





Máis cazadores:  Jane Slayre: Vampire Hunter, gracias á colaboración de Charlotte Brontë con Sherri Browning Erwin temos a historia desta pobre orfa acollida pola súa tía con tres fillos, que son vampiros, e que vai a unha escola de zombis e... non spoileo máis.


Aguantade un pouquiño que xa estamos acabando.


Outro título brontëliano e con vampiros -desta volta da irmá Emily- é Wuthering Bites, escrito por Sarah Gray.

Que dicir? esto... que se parece no deseño da portada demasiado a toda esta porcallada tocha de crepusculadas e demáis. Este tampouco mo enviedes para expresarme o voso amor incondicional, dacordo?







E xa para rematar, esta peli besta, que mola moito, bizarrada de culto de alá o 2001, dirixida por Lee Gordon Demarbre, de Odessa Filmworks, 
Jesus Christ Vampire Hunter.

aquí vos deixo esta dulzaina para que disfrutedes








Imaxes tiradas de: gacetadelocio.blogspot.com, librarianslifeinbooks.blogspot.com, mundiemoms.blogspot.com, qwillery.blogspot.com, fremontlibraries.wordpress.com, buyzombie.com, edicionesuranomexico.com, elcuriosocaseron.blogspot.com, literallybooked.blogspot.com, fantasticfiction.co.uk, themaidenscourt.blogspot.com,wikipedia.org.

viernes, 24 de septiembre de 2010

introdución práctica ó zombismo, parte 2ª.


Non sei se alguén pensara no tema antes pero parece ser que esta febre de plagar clásicos con zombies e outros monstros tivo algo de orixe na cabeciña de Jason Rekulak, director editorial de Quirk Books

A partir da vaga de infraccións creativas contra os copyrrrr (non penso escribir esa palabra maldita), sobre todo na música e o audiovisual, o homiño fixo -bombilla!- unha lista con clásicos da literatura que tiñan os dereitos de autor vencidos, e outra lista tamén con cousas que podía incluir neles, coma androides, ninjas, zombies,... Agora que abriu o contenedor de Pandora ó home non o deixan tranquilo os seus coñecidos suxeríndolle ideas para novas obras.

E se xa a Austen era un choiazo para calquera tipo de produción para isto resultaba ser materia prima de primeira. O que fixo aquí o amigo Jason foi ir tantear o asunto, resultou que había bastante conexión entre as bases dos temas e ambientes da Austen con toda a parafernalia sobrenatural. 

Unha das autoras que reescribe a Austen, Amanda Grange, di que un día vendo -un gran clásico da nosa época- Buffy, cazavampiros pensou no ben que quedaría que fixeran un capítulo Buffy-Lizzy e Angel-Darcy.


E agora que xa sabedes que foi o que pasou nesta entrada só vou poñer reescritas de zombies, ós outros vounos mandar a outro post distinto, que senón nos liamos.

 E aquí comezou TODO...



"Es una verdad universalmente reconocida que un zombi con cerebro necesita más cerebros." 


Se xa o léchedes non hai perda -inconfundible-, é Orgullo y prejuicio y zombies. Un clasíco da literatura inglesa coescrito por Jane Austen e Seth Grahame-Smith, bueno, vale, reescrito por este último...  

Foi o primeiro e é grande, enorme, e brillante. Dicir desta boa peza (publicada por Umbriel) que o leades canto antes, detallista, rápido, sanguento, divertido,... e con ilustracións. Un imprescindible ó que vos engancharedes e que vos alegrará eses días tristes e monótonos que tedes normalmente. Podedes ler e mirar dibus neste enlace do primeiro capítulo.



A peli está como proxecto, a prota en principio será Natalie Portman e dirixirá David O. Russel (3 Reyes, I love Huckabees, pode quedar unha peli moi simpática con este tipo) e o guión disque vai ser do propio Seth Grahame-Smith.

Tamén está en camiño a adaptación para TV en seis capítulos da man de Deadline Productions e unha novela gráfica na que Tony Lee adaptará o texto e Cliff Richards se encargará da parte gráfica. Parece que está a ter éxito esta novela... 
 
Resulta que nos saiu un capítulo acontecido catro anos antes da narración de Austen con Grahame-Smith. Tráenolo Steve Hockensmith e chámase Pride and Prejudice and Zombies. Dawn of the Dreadfuls. Mola a ilustración, eh!!







A obra máis representativa da picaresca foi unha gran mentira. 
Lazarillo Z, matar zombis nunca fue pan comido conta como esta obra puido chegar a nós, por que chegou a versión falsa, quen era ese tal "anónimo" e por que o fixo, quen foi Lázaro e a que se dedicaba. Fai unha auténtica radiografía da historia de España, fai que encaixen aquelas pezas que quixeron facerse pasar por outra cousa. Se vos gustan as teorías da conspiración ou, simplemente, coñecer a verdade, xa estades tardando en lelo.
Editado en DeBolsillo. Autor: Lázaro González Pérez de Tormes.









Outro clásico español metido na allada, a lorquiana La casa de Bernarda Alba Zombi, que podedes descargar aquí.

Se Cátedra o publicou ou o vai facer está no aire, podedes estar ó tanto da cuestión neste blog,

Téñome que abster de comentalo porque eu non din atopado o libro e teño certos reparos -retrógrados se queredes- en imprimirme libros en .pdf.







O español máis universal -con permiso de Pocoyó- non era o que  pensabamos. Por fin nos ofrecen a verdadeira historia, da man de Házael G. e publicado por Edicións Dolmen. Quijote Z. E pensar que levan toda a vida mentíndonos e obrigándonos a estudiar algo que non foi así. Aquí pasa o mesmo ca no Lazarillo, que se fixo un esforzo por ocultar o que pasou, toda unha historia de las letras españolas plagada de mentiras, de ocultar grandes heroes baixo historias light para un público débil.


"Por primera vez en lengua castellana, se presenta en su forma íntegra y completa el texto conocido comúnmente como ‘Quijote Z’, tal y como el misterioso Házael G. González lo dejó compuesto, a lo cual se añade un relato de la aventura cervantina en Lepanto contra los zombificados, de autoría apócrifa, y pulido y adecuado al lenguaje de nuestros días por el profesor Gualberto G. Álvarez, catedrático de la asturiana Universidad de Cerredo y especialista en zombis y demás especies de no-muertos que ha habido a lo largo de la Historia."


E, volvendo ó panorama internacional, algunhas peciñas...



Alice in Zombieland outro libriño que nos traen Lewis Carroll e Nickolas Cook.


"Can Alice escape Zombieland before the Dead Red Queen catches up to her? When little Alice falls asleep, she finds herself in an undead nightmare of rotting flesh and insanity. Following a talking rat, she ventures further into this land of zombies and monsters. There’s also something else troubling poor Alice: her skin is rotting and her hair is falling out. She’s cold and there’s the haunting feeling that if she remains in Zombieland any longer, she might never leave and forever be caught between life and death. Have a seat at the table for the Tea Party of your life and explore the wondrous adventure that is Zombieland."






E máis colaboracións, Ryan C. Thomas con L. Frank Baum asinan The Undead World of Oz

Cónstame que hai quen se puxo a reescribir en clave Z algún clásico e que xa estaba feito, así que se alguén o quere facer que se informe ben antes se non quere levar un pau. Tamén pode estar outra persoa facéndoo na casa ó mesmo tempo pero iso xa é algo que non se pode saber buscando en google, non?





 



E aínda non lle toca, pero xa comezou o outono, en fin, algo propio do Nadal escrito por Adam Roberts.
I Am Scrooge: A Zombie Story for Christmas

Pero que portada tan bonita que ten, dame moita pena que case non haxa nada disto traducido (refírome ó español, porque o día que unha editorial galega traduza algo...). A medida que me entere de que se vai publicando aquí xa aviso.
 
Máis nada, lembrarvos un dos comentarios da contraportada da Guía de supervivencia do grande Brooks 



 "Un libro que empiezas a leer por diversión hasta que, al llegar a la página 50, sales a comprar un machete sólo para sentirte seguro."
NEW YORK POST


Insisto en que o leades, cando pase o inevitable no meu escondite non hai sitio para ninguén máis que para min, aviso.











Imaxes tiradas de umbrieleditores.blogspot.com, qwillery.blogspot.com, dolmeneditorial.com, nekrofilmicos.wordpress.com, buyzombie.com, zombi-blogia.blogspot.com, jongreenunnaturalhistory.blogspot.com