viernes, 8 de abril de 2011

O manto encarnado

O outono pasado, das pólas da árbore máis próxima á fonte do xardín caían uns vermes de cor vermella escura. Foron facendo moreas na cunca da fonte e tinguindo a cor da auga.
Cando chegou o verán e volveu o dono da casa non atopou a árbore, nin a fonte, nin a casa.
Había roseiras con flores encarnadas por todos lados.
Decidiu marchar e volver outro día.
Non o mirou antes de pecha-la cancela e ,cando quixo darlle a volta, a pechadura non respondía, insistiu pero era imposible. As roseiras medraron de súpeto, 1, 2, 3 metros, cunhas espiñas ben afiadas.
Quedou atrapado na súa casa de veraneo, desde fóra era imposible velo ou oilo a través do veo de rosas, que todo o mundo que pasaba comentaba ou pensaba que eran tan bonitas!
Non sendo as plantas que cubrían os muros, tódalas demais comezaron a baixar ata o chan, coma volvéndose líquidas. Abranguíao todo unha especie de puré pegañento e avermellado, que se movía cara a el. Cando o tivo preto mirábao con tanta curiosidade que non puido escapar. Xa empezaba a subirlle polas pernas cando viu que aquela pasta estaba formada por millóns de vermes con dentes.



Photo courtesy of Gary from youregoingtobeoffended.blogspot.com. Thanks a lot!

1 comentario: