lunes, 30 de marzo de 2009

Paxariños mortos, pelis, fotos


Aí atrás vin unha camiseta dunha marca chamada Atticus co logo ben en grande, era un paxaro morto coas patas para arriba que me lembrou outra cousa: o logo do selo discográfico -que se chamaba Death Records- que aparece na peli Phantom of the Paradise (Brian de Palma, 1974). Si, xa sei que De Palma tamén fixo os intocables pois isto é para que vexades que creativo era o homiño nos seus inicios
.

Esta peli é unha peza de culto, posiblemente a moitos non vos soe, eu descubrina hai 2 ou 3 anos nun videoclube moi selectivo que había en azabachería e que creo que xa pechou. É, como non, unha revisión da Pantasma da Ópera pero cuns tintes bizarros que non a todos vos van gustar (por certo que este domingo fíxenme co Phantom of the Opera versión do 43 da Universal que xa comentarei). Musical e de terror, ós que vos guste vaivos fascinar a súa estética tan particular e, ós que non, non vos desesperedes, nunca es tarde para encontrar el camino del terror.

E xa que estabamos falando de paxaros mortos quixera chamarvos a atención sobre o fotógrafo galego Manuel Vilariño, que se move entre a poesía e o rito, variantes de naturezas mortas das que destaco aquí os paxariños con especias. Unha obra delicada e tan fráxil como forte da que tiraredes seguro unha moi boa impresión. Suavidade e intensidade nas cores e texturas, composicións moi inspiradas e certa nota de romanticismo -en canto que bebe do mundo oriental coas vendas e as especias- e atemporalidade, como se a obra xa estivese aí de antes, de algún momento, formando parte dun altar misterioso e atraínte. Acaso é posible non quedar embriagada pola obra de Vilariño?














sábado, 28 de marzo de 2009

c de cine

esta tenda está moi ben, ten dvds, cds, creo que incluso tiña algo de vhs e vinilos. recoméndolle a todo o mundo que vaia porque é millor para todos que un sitio deste tipo non peche, por que? porque non vende a típica trapallada insulsa senón que selecciona o material pola súa calidade, CALIDADE.
e ademáis ten unhas chapas moi chulas e baratísimas, eu merquei unha de eduardo manostijeras, unha de barbarella e outra de the rocky horror, así que xa sabedes: mercádelles moito para que non pechen e sigan traendo bo material. por certo que fan compra e venda, por si vos estorba algunha peli (pero só dvd)
están na rúa rosalía de castro xunto ó billar masterpool, fronte ó local novo de follas vellas, en compostela, of course.
xa me contaredes se vos gustou o sitio e se mercádeches cousas chulis

jueves, 12 de marzo de 2009

Superpelículas de ocasión


Se entrades aquí vedes as películas da universal que van vender de saldo, é unha auténtica coleción de luxo para os que queirades ter pelis orixinais, eu merquei algunhas hai tempo pero penso conseguir varios números desta que irán parar á miña estantería del terror.



es lo que te tiene no leer diarios deportivos, teríame enterado antes


sábado, 7 de marzo de 2009

Unha boa serie de vampiros: True Blood

True Blood é do mellor que se pode ver agora, unha serie de 10. Está ben feita por todos lados moi estética, ben escrita, ben interpretada,... Xa remataron a 1ª tempada e no verán creo que estrean a 2ª, non podo esperar (aaaahhh!) pero que remedio queda, esperarei o que faga falta pero que a fagan -por Dios- ós pouquiños e quede polo menos tan ben como a primeira -nada de meterlles apuro non empecen a dexenerar igual que fixeron os de Heroes.


Para os que aínda non viran True Blood (recomendado: a partir de aquí non sigades lendo se queredes vela sen información previa) a prota é Sookie Stackhause -interpretada por Anna Paquin- que ten poderes telepáticos e non é vampira. A serie está ambientada en Nova Orleans -como debe ser- e ten moitas aportacións interesantes. Coméntovos, os vampiros existen e isto é coñecido por todos -que non respetado- e incluso teñen algunhas leis que os intentan protexer da discriminación. Isto nun primeiro momento pode lembrar ós mutantes da Marvel -pola intolerancia, non pola lei- pero nada que ver, en True Blood vese moi claramente a fractura social que supón a división de opinións en canto á aceptación da "diversidade" social. Tamén teñen presencia as prácticas de vudú e abre as cuestións do conflito da convivencia: vampiros depredadores e vampiros integrados, humanos tolerantes e outros que queren ser vampiros, tamén están os que os asasinan para traficar co seu sangue de efecto sicotrópico. O nome da serie é o dunha bebida sustitutiva do sangue que se comercializa para que os vampiros teñan "alimento" sen necesidade de matar, eu non a probei pero creo que non está moi rica, e hai que quentala no micro. Déixovos un par de anuncios dela.































Poño aquí os créditos porque son moi chulos.




e para os que se atrevan... O primeiro capítulo:



(acéptanse comentarios de agradecemento por descubrirvos unha serie tan boa)



miércoles, 4 de marzo de 2009

A comida máis importante do día: créditos de Dexter

Ola outra vez. Quero falavos dunha serie que seguramente vos sone: Dexter. Cando me contaron a primeira vez o argumento pareceume unha tremenda parvada pero Miguel empezou a vela e acabei véndoa canda el e a verdade é que o resultado é moi bo. Non é para nada o meu perfil de serie favorita pero os personaxes están moi ben tratados. Ten tamén uns particulares toques de humor que parten de que o asasino -o prota- ten que ocultar a súa innata natureza homicida e isto provoca certas "reflexións" no seu interior que lle oimos ó narrar. Ven sendo unha variante de investigación policiaca con psicokiller que ten bastante de trama familiar e de inadaptación do individuo e o resultado paga a pena velo. Pero no que realmente quero centrarme é no brillante traballo visual que fixeron nos títulos de crédito. Eu non sei tanto de creación de imaxe para entender como lograron o efecto e quixera sabelo porque deu un resultado moi vistoso. Fixádevos sobre todo na manipulación da comida: a carne, o ovo e a laranxa. A musiquiña está simpática. Aí o tedes, a ver que vos parece:

my favorite... toy

Ola a todos os meus seguidores, ós fantásticos 4 jeje (síntoo Pris pero son maioría rapaces, cando sexades máis rapazas chamareivos democraticamente seguidoras, si si). Hai que ver que público tan fiel que xa se apuntan na primeira entrada, no me lo merezco...

Imos ó que temos que estar, que é ó terror. A idea en si que pretende tratar o blog dá voltas en torno ó terror, horror, o inquedante, o desequilibrante, maligno, apocalíptico, fantástico, onírico, siniestro, grotesco, mítico-sagrado, perverso, bifaz... así que non entendades que é rollito gore exclusivo porque non van por aí os tiros, para nada. E en canto ó soporte non quero só cine senón literatura, artes plásticas e todo o que teña cabida. Eu por querer quéroo todo.

Hoxe vouvos presentar un dos obxetos máis valiosos para min da cultura galega do grotesco, espero poder ir algún día velo en persoa, antes de que desapareza do noso patrimonio cultural. Non é La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (nome orixinal), o obxeto do que falo descubrino o ano pasado nun powerpoint que me mandaron por mail en torno ó feísmo por Galicia adiante e quedei irremediablemente prendada del cando o vin. É o marabilloso Desaugue siniestro
Impresionante, eh? a ver se atopades algo parecido que lle quite ó meu desaugue a categoría indiscutible de Objeto Gallego del Terror. Como non atopedes un hórreo en forma de morcego... Non podo evitar sentir unha gran curiosidade historiográfica polo artífice, os promotores, as circunstancias e o proceso de creación. E falo máis en serio do que pode parecer. Fascinante.

lunes, 2 de marzo de 2009

inaugurando...


Tendo en conta o disgusto electoral desta noite haberá que buscar de forma urxente varias vías de evasión. Xa ía sendo hora de inaugura-lo blog pero agora é especialmente necesario e, polo tanto, faremos o que é máis apropiado facer en situacións de crise -ademais de xogar ó monopoly- que é ver pelis de terror. E aproveitando que estamos para iso irei comentando as que vexa, as que redescubra... e por suposto acepto - e agradezo- suxerencias.

Polo de agora vouno deixar aquí e quedades ca recomendación de ve-la serie Fear Itself (xa sabedes que megavideo es nuestro amigo), son todos capítulos independentes en plan Dimensión Descoñecida ou Creepshow (buffff, que momentos de infancia!). Aí quedades, a pasar medo!