miércoles, 4 de marzo de 2009

A comida máis importante do día: créditos de Dexter

Ola outra vez. Quero falavos dunha serie que seguramente vos sone: Dexter. Cando me contaron a primeira vez o argumento pareceume unha tremenda parvada pero Miguel empezou a vela e acabei véndoa canda el e a verdade é que o resultado é moi bo. Non é para nada o meu perfil de serie favorita pero os personaxes están moi ben tratados. Ten tamén uns particulares toques de humor que parten de que o asasino -o prota- ten que ocultar a súa innata natureza homicida e isto provoca certas "reflexións" no seu interior que lle oimos ó narrar. Ven sendo unha variante de investigación policiaca con psicokiller que ten bastante de trama familiar e de inadaptación do individuo e o resultado paga a pena velo. Pero no que realmente quero centrarme é no brillante traballo visual que fixeron nos títulos de crédito. Eu non sei tanto de creación de imaxe para entender como lograron o efecto e quixera sabelo porque deu un resultado moi vistoso. Fixádevos sobre todo na manipulación da comida: a carne, o ovo e a laranxa. A musiquiña está simpática. Aí o tedes, a ver que vos parece:

No hay comentarios:

Publicar un comentario