lunes, 30 de marzo de 2009

Paxariños mortos, pelis, fotos


Aí atrás vin unha camiseta dunha marca chamada Atticus co logo ben en grande, era un paxaro morto coas patas para arriba que me lembrou outra cousa: o logo do selo discográfico -que se chamaba Death Records- que aparece na peli Phantom of the Paradise (Brian de Palma, 1974). Si, xa sei que De Palma tamén fixo os intocables pois isto é para que vexades que creativo era o homiño nos seus inicios
.

Esta peli é unha peza de culto, posiblemente a moitos non vos soe, eu descubrina hai 2 ou 3 anos nun videoclube moi selectivo que había en azabachería e que creo que xa pechou. É, como non, unha revisión da Pantasma da Ópera pero cuns tintes bizarros que non a todos vos van gustar (por certo que este domingo fíxenme co Phantom of the Opera versión do 43 da Universal que xa comentarei). Musical e de terror, ós que vos guste vaivos fascinar a súa estética tan particular e, ós que non, non vos desesperedes, nunca es tarde para encontrar el camino del terror.

E xa que estabamos falando de paxaros mortos quixera chamarvos a atención sobre o fotógrafo galego Manuel Vilariño, que se move entre a poesía e o rito, variantes de naturezas mortas das que destaco aquí os paxariños con especias. Unha obra delicada e tan fráxil como forte da que tiraredes seguro unha moi boa impresión. Suavidade e intensidade nas cores e texturas, composicións moi inspiradas e certa nota de romanticismo -en canto que bebe do mundo oriental coas vendas e as especias- e atemporalidade, como se a obra xa estivese aí de antes, de algún momento, formando parte dun altar misterioso e atraínte. Acaso é posible non quedar embriagada pola obra de Vilariño?














1 comentario:

  1. Disque o home sempre quixo voar, paréceme moi simbólica a idea de xogar co obxeto do teu desexo... morto, haberá algho de ira reprimida, de afán controlador de esos pequenos seres que nos lembran ata que punto estamos limitados.
    Hainos imitadores que se tiran por unha ventá e acaban coma estes paxariños das fotos, inxenuos...
    Eu probarei co paracaidismo.
    E o grabarei en video,por se acaso

    ResponderEliminar