jueves, 9 de septiembre de 2010

Máis zombis, desta vez en serie: Dead Set

¿Que pasa se durante a edición de Big Brother se produce unha plaga zombi? O argumento así dito pode parecer que ten que sair algo moi perralleiro, pero non é o caso. Dead Set é brillante. Son só 5 capítulos que quedan tan redondiños e tan ben cosido todo que dá gusto. É unha produción británica -igual que a miña adorada Being Human, ai! como saben facer esta xente de alá arriba...!- escrita por Charlie Brooker, que lle nominaron ó BAFTA por ela.

A páxina da serie: http://www.e4.com/d
eadset/
e non sexades zopencos e botádello un ollo ó trailer, ho!
http://www.youtube.com/watch?v=HQjq639WPiU

Os zombis sempre nos veñen acompañados de humor pero aquí é máis ca negro, é un sarcasmo tan besta... que podemos ver nos pequenos chascarrillos da prota - Kell- e no desquiciamento dalgúns dos outros personaxes -que parece que xa estaban trallados desde antes do desastre. Pero xa aviso, isto non é de risitas e hai tripas por doquier, abstenerse hiper sensibles ás visceras e destripamentos varios. E tamén aqueles que lles gusta a cámara quietiña (bueno, vos que facedes aquí lendo isto? fóra!)

 
Estereotipos extremos pechados nun cuarto pequeniño, tan burdos como realistas desde que vivimos esa fantasía da estupidez dos realities. Totalmente brillante o personaxe de Patrick -o director desa bazofia de concurso- que moi ben di nalgún momento algo como "non me imaxino o que sería vivir xunto a alguén que segue este tipo de programa".

Vou ser mala, unha pega que lle atopo: non me acaba de convencer iso de que só te transformes por medio da mordedura e que anden todos lixosos cheos de sangue. Segundo o que eu teño entendido calquera contacto cun fluido corporal destes gules xa che convirte, co que tes que ter moito coidado en non pringarte do seu sangue cando os matas, pero que por outro lado o seu estado de descomposición tamén o xelifica algo. Bueno, xa sei que coma en todo mito hai variantes a darlle co pé pero é que para min o que diga Max Brooks vai a misa, palabra de Dios TE ALABAMOS SEÑOR!! (se xa acabáchedes co manual empezade con Guerra Mundial Z, tamén de Max Brooks, editado por Almuzara, e por certo que existe en edición de peto, que xa o vin na librería Fonseca).


Pero sen dúbida a Dead Set hai que darlle un plus por esa advertencia inicial, inolvidable... hai que vela a escuras jejejeje

PD: Teño tanto que contarvos... que frustrante non dar actualizado a medida que consumo terror.






No hay comentarios:

Publicar un comentario