miércoles, 15 de septiembre de 2010

Non todo o monte vai ser ourego...


Daybreakers
Non podo recomendala. É bastante maliña.
Trata de que dentro de 10 anos no mundo gobernarán os vampiros e empezarán a ter problemas porque aínda non conseguiron desenvolver un sustitutivo do sangue e cada vez hai menos humanos dos que se alimentar. A fame fai que os vampiros (sic) evolucionen a uns "infraseres" ós que lle saen ás de morcego (xa, xa o sei) e que se animalizan e volven irracionais e violentos, ademáis de moi feos.
A idea do argumento, que inda que volo pareza tampouco é tan orixinal, non está nada ben desenvolta. A trama faise moi predecible, os diálogos son malos-malos, ... simplóns de criaturas de primaria quero dicir...
Que a vendan como unha mistura entre 28 días después e Matrix... en fin!! De Matrix malcopian o sistema de granxas de humanos que, se ben na outra peli tiña sentido porque lles drenaban a enerxía, aquí non ten sentido ningún ter xente enchufada a xeringas. A ver, que a velocidade á que se quita o sangue non é necesario te-la xente así, o normal sería que os estivesen cebando coma cochos para que se nutrisen ben e rexenerasen antes. Sería moito máis realista que en vez de esclaviza-los pouquiños humanos que quedan os tratasen cual lince ibérico para que se reproducisen, ou non?
Eu, que no me dedico ó audiovisual, non sei dicir por onde perde a película. É posible que o reparto interprete ben se non hai un bo guión? A min dame que nesta produción meteron bastantes cartos -e a zoca tamén, bastante- e non brilla por ningures. Incrible que incluso conten con Willem Dafoe e o fagan palidecer, como se consegue iso?
Bueno, e o de comparala con 28 días después... ejem, só direi que 28 Días si é unha peli de xénero de terror, de monstros, como queirades chamarlle, e Daybreakers é unha bolsa de plástico do súper rota.

Menos mal que despois aparecen estas xoiiñas de youtubes que compensan o demáis


é que iso de reencontrarse cos vellos amores non ten fallo, esas sete tempadas de Buffy quedarán aí pase o que pase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario