miércoles, 4 de marzo de 2009

my favorite... toy

Ola a todos os meus seguidores, ós fantásticos 4 jeje (síntoo Pris pero son maioría rapaces, cando sexades máis rapazas chamareivos democraticamente seguidoras, si si). Hai que ver que público tan fiel que xa se apuntan na primeira entrada, no me lo merezco...

Imos ó que temos que estar, que é ó terror. A idea en si que pretende tratar o blog dá voltas en torno ó terror, horror, o inquedante, o desequilibrante, maligno, apocalíptico, fantástico, onírico, siniestro, grotesco, mítico-sagrado, perverso, bifaz... así que non entendades que é rollito gore exclusivo porque non van por aí os tiros, para nada. E en canto ó soporte non quero só cine senón literatura, artes plásticas e todo o que teña cabida. Eu por querer quéroo todo.

Hoxe vouvos presentar un dos obxetos máis valiosos para min da cultura galega do grotesco, espero poder ir algún día velo en persoa, antes de que desapareza do noso patrimonio cultural. Non é La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (nome orixinal), o obxeto do que falo descubrino o ano pasado nun powerpoint que me mandaron por mail en torno ó feísmo por Galicia adiante e quedei irremediablemente prendada del cando o vin. É o marabilloso Desaugue siniestro
Impresionante, eh? a ver se atopades algo parecido que lle quite ó meu desaugue a categoría indiscutible de Objeto Gallego del Terror. Como non atopedes un hórreo en forma de morcego... Non podo evitar sentir unha gran curiosidade historiográfica polo artífice, os promotores, as circunstancias e o proceso de creación. E falo máis en serio do que pode parecer. Fascinante.

2 comentarios:

  1. Impresionante pero sempre queda a dúbida de se foi por optimización de recursos ou por un momento de inspiración
    por raro que pareza a primeira impótesi e moi factible.

    Sexa como sexa debido a duración do material e de prever que esta cuestión será duramente traballada por futuros arqueologos.

    ResponderEliminar
  2. Acabo de darlle outra ollada pero...¿que carallo e eso ?

    ResponderEliminar